Protocolo de adestramentos na nova situacion tralo COVID19

Importante: Non esquezas comunicar o teu adestramento en zona privada

PROTOCOLO ADESTRAMENTOS NA NOVA SITUACIÓN TRALO COVID19

             Os adestramentos individuais deben ser comunicados na zona privada de federado na web http://www.fgmoto.net/ZonaPrivada/privada_Entrar.html indicando en observacións o día, horas e circuíto/zona no que se vai adestrar. Cando o adestramento estea organizado por un clube, escola, circuito ou adestrador poderá ser comunicado por correo-e (info@fgmoto.org). Nese correo debe constar listado de participantes (todos con licenza), lugar e data do adestramento. Neste último caso o organizador terá que contar cun protocolo propio adaptado as instalacións onde se celebre e terá previsto a distribución do paddock ou boxes, sen sobrepasar o 75% da capacidade do recinto.

            A práctica da actividade física e deportiva federada, ao aire libre, poderá realizar- se de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, e ata un máximo de vinte e cinco persoas de forma simultánea en pista. Nos adestramentos en circuito debese gardar unha distancia de 20 metros cando as circunstancias o permitan.

Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata vinte e cinco persoas, sen contacto físico, e sempre que non se superen os dous terzos da capacidade máxima permitida.

   Evitaránse as zonas comúns de pantallas, tempos, zonas de mecánicos etc. No caso de que os adestramentos conten con servizos de cronometraxe deberán ser consultados de forma individual telemática (web, aplicación, etc.)

 Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física.     

Cada instalación deportiva deberá publicar un protocolo para coñecemento xeral dos seus usuarios e que recollerá as distintas especificacións en función da tipoloxía de instalacións. Recomendase o uso de cartelería explicativa coas principais normas de comportamento, uso obrigatorio de máscara, distanciamento físico, non compartir obxetos, etc. 

 Nas instalacións deportivas a actividade física e deportiva estará suxeita aos seguintes criterios xerais de uso:

a)   Con carácter xeral, non se compartirá ningunha ferramenta ou material e, se isto non fose posible, garantirase a presenza de elementos de hixiene para o seu desinfectado entre uso e uso.  

b)  As bolsas, mochilas ou efectos persoais só se poderán deixar nos espazos individuais asignados, carpa ou box.

c)  Os deportistas non poderán compartir alimentos, bebidas ou similares.      

d)  Antes de entrar e ao saír do espazo asignado, deberán limparse as mans cos hidroxeles que deberán estar dispoñibles nos espazos habilitados para o efecto.

e)   Os técnicos, monitores ou adestradores deberán manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións ou, na súa falta, utilizar máscara.

f)  Utilizarase a máscara durante o tempo de circulación entre espazos comúns nas instalacións, salvo que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal.

g)  En caso de haber duchas e vestiarios comúns recomendase o seu precintado, informando aos deportistas que deben cambiarse na sua zona asignada de boxes e ducharse na casa. Os servicios de WC deben desinfectarse despois de cada uso. Haberá un dispensador de hidroalcol na entrada. Obrigatorio desinfectar as mans antes de entrar.

        Ademais do cumprimento xeral das medidas de hixiene e prevención establecidas, no caso de que nas instalacións se preste algún tipo de servizo de hostalaría e restauración, a prestación deste axustarase ao previsto nas condicións para a prestación do servizo nos establecementos de hostalaría e restauración.

Asistencia de público en instalacións deportivas.         

               A FGM recomenda que os adestramentos se realicen a porta fechada, cun máximo de 2 acompañantes por participante que teñan relación co deportista: Mecánicos, adestradores, mochileiros, pais no caso dos menores, ou conviventes.

Sen prexuízo das competencias atribuídas no artigo 15.2 do Real decreto lei 21/2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e do establecido no punto anterior, no caso dos adestramentos, competicións ou eventos que se celebren en instalacións de- portivas, poderán desenvolverse con público sempre que este permaneza sentado e que non se supere o setenta e cinco por cento da capacidade permitida, cun límite máximo de trescentas persoas para lugares pechados e de mil persoas tratándose de actividades ao aire libre.

Este protocolo de actuación nos adestramentos non exime aos organizadores e participantes de cumprir calquera lei/orde/disposición que dicte a SXD, CSD, XUNTA, Ministerios, Concellos, ETC en relación coa practica deportiva, mobilidade e medidas de prevención obrigatorias.

Podes descargar o protocolo en pdf no arquivo que se achega.