CGT A BASE CARBALLO

Última proba 2021

A terceira e última proba do Campionato Galego de Trial 2021 disputouse no park motor La Base de Carballo organizado polo motoclub Saltamontes.

Xurxo Neo coa sua vitoria en TR2 logrou ascender ata a primeira posición do campionato.

Hector Marquez (TR3), Jose L. Luis López (TR4) e Froilán Fernández Losada (TR5) son os vencedores do resto das categorías.

A Copa Infantil decidirase na última proba de Arteixo que se celebra o 11 de decembro. Chegan como líderes Matías Mosquera (en Alevin) e Xiana Hombre (Xuvenil).