ABERTO PRAZO CALENDAR PROBAS 2022

Solicitudes ata 24/12/2021

Para ser sometido a estudo polos órganos competentes e posterior presentación a Asemblea Xeral da F.G.M. para a súa aprobación, os clubs afiliados a esta Federación interesados na organización de competicións puntuables para os CAMPIONATOS GALEGOS 2022, e outras competicións/Adestramentos/Cursos a calendar para o próximo ano, deberán enviar a esta F.G.M. antes do día 24 de decembro do 2021, as solicitudes das competicións que desexen organizar, indicando: data prioritaria, datas alternativas e lugar de celebración (as datas das competicións dos Ctos. Galegos non deberán coincidir coas dos Ctos. de España da mesma modalidade ou categorías). Ao facer a solicitude deberán ter en conta os prazos para solicitar os permisos ou declaración de intención para autorizar a competición por parte dos Concellos, Medio Rural, Presidencia, Comunidades de Montes ou propietarios dos lugares nos que está previsto celebra-la proba.

Tendo en conta a situación actual causada polas restriccións impostas na loita contra o Covid os organizadores terán previsto un protocolo seguro para realización das competicións ou eventos programados si así o exixe a lei no momento da celebración. Obrigatorio presentar co regulamento da proba un mes antes da celebración a autorización do concello onde se celebre.