Noticas

Adestramentos federados 2021

NORMATIVA A PARTIR DO 17 DE FEBREIRO

No novo decreto do 15 de febreiro establecense as novas restriccións de mobilidade.

Os deportistas federados poderán seguir adestrando nas seguintes condicións:

– Comunicar o adestramento na zona privada de federado na web fgmoto.org

– Adestrar dentro do concello de forma individual en instalación ao aire libre.

– Respetando o toque de queda: Non sair antes das 06:00 nin chegar despois das 22:00 ao teu lugar de residencia.

– Unha vez inscrito nun CE ou CG poderás solicitar un certificado de mobilidade para adestrar no circuito ou alternativa mais cercana ao lugar de residencia. Cunha antelación máxima de 4 semanas antes do evento no que esteas inscrito. Non está permitida a mobilidade para probas de ctos. rexionais de outras comunidades (protocolo RFME CSD).

– Levar sempre consigo o certificado da federación e do clube coa motivación de porqué non podes adestrar no teu concello.  Os alumnos de escolas de pilotaxe ademais do certificado federativo deben levar o da escola co programa de adestramentos motivado á preparación do CE ou CG.

– Atender as restriccións de mobilidade do teu concello que poden ser mais restrictivas e restrinxir a saída incluso para adestrar.

Podes descargar a guía simplificada publicada pola SXD.