Adestramentos federados 2021
NORMATIVA A PARTIR DO 17 DE FEBREIRO
No novo decreto do 15 de febreiro establecense as novas restriccións de mobilidade.
Os deportistas federados poderán seguir adestrando nas seguintes condicións:
– Comunicar o adestramento na zona privada de federado na web fgmoto.org
– Adestrar dentro do concello de forma individual en instalación ao aire libre.
– Respetando o toque de queda: Non sair antes das 06:00 nin chegar despois das 22:00 ao teu lugar de residencia.
– Unha vez inscrito nun CE ou CG poderás solicitar un certificado de mobilidade para adestrar no circuito ou alternativa mais cercana ao lugar de residencia. Cunha antelación máxima de 4 semanas antes do evento no que esteas inscrito. Non está permitida a mobilidade para probas de ctos. rexionais de outras comunidades (protocolo RFME CSD).
– Levar sempre consigo o certificado da federación e do clube coa motivación de porqué non podes adestrar no teu concello. Os alumnos de escolas de pilotaxe ademais do certificado federativo deben levar o da escola co programa de adestramentos motivado á preparación do CE ou CG.
– Atender as restriccións de mobilidade do teu concello que poden ser mais restrictivas e restrinxir a saída incluso para adestrar.
Podes descargar a guía simplificada publicada pola SXD.