FINALIZOU O CET 2024

Xurxo Neo subcampión Junior e Marcelli terceiro en TR1

A última proba do Campionato de España celebrouse en Camprodón (Girona). En TR1 venceu Jaime Busto proclamandose campión de España. Gabriel Marcelli co seu terceiro posto nesta proba aseguraba esa mesma posición na xeral final.

Xurxo Neo vencía nesta derradeira proba do CET 2023 na categoría Junior, e aseguraba o subcampionato final por detrás do seu rivalAlarcón, co que tivo unha bonita loita todo ano. Na foto podio junior de Entrimo con Neo en segundo lugar e Alarcón no primeiro (vencedor final en junior).

Ero Álvarez tamén subía ao podio en Camprodón na categoría Cadete e Hector Marquez acabou terceiro en TR5.