IKER RODRÍGUEZ CESBK MOTO4

O piloto porriñés xogarase o título na derradeira proba en Cataluña

Disputada a penúltima proba no circuito de Jerez, o piloto galego chegará a cita barcelonesa en segundo lugar a tan un so punto do líder. Despois da proba andaluza onde acadou un terceiro e un primeiro lugar queda todo por resolver na derradeira proba. O seu principal rival está no propio equipo, o seu compañeiro superao nun punto. Parece que o título vai estar entre os dous.

Toda a grella rodou en grupo e ata 14 deles no mesmo segundo. Así estiveron durante todas as voltas que esta durou cunha infinidade de adiantamentos, poñéndose en paralelo, tocándose nas curvas… un espectáculo como só estes pilotos de 12 anos saben dar. Ata a bandeira a cadros, e mirando as imaxes con detemento, non se soubo quen era o gañador. Iker Rodríguez foi o que se levou a gloria por só 3 milésimas seguido do seu compañeiro no Igax Team, Andrés García, e de Alberto Enríquez. A loita polo título nesta categoría está máis que apertada para Barcelona.