Xornada de psicoloxía deportiva

14/03/2026 Recinto Ferial Silleda

A FGM desenrola un programa de xornadas de psicoloxía deportiva dirixido á mellora do rendemento e o benestar dos deportistas.

A concentración, a xestión da presión, a toma de decisións e a capacidade de resetear tras un erro son claves nun deporte onde todo ocorre en décimas de segundo.

Unha charla con enfoque práctico e aplicado na que os asistentes adquirirán ferramentas psicolóxicas aplicadas a adestramentos e competición.

Se estás interesado/a en participar, envía o boletín de inscrición a info@fgmoto.org (data limite 12/03/26).

Descarga boletín de inscrición