Noticas

Rubén Fernández líder do Campionato do Mundo MX2

Terceiro na proba inglesa

Novo podio para Rubén Fdez na categoría MX2. Con este resultado na proba británica o vigués sitúase en primeiro lugar do Campionato do Mundo. O lugués Jorge Prado obtivo un excelente segundo lugar na primeira manga na categoría MXGP, finalizando sétimo na segunda. Os pilotos galegos de motocross están facendo historia.