MOTOCROSS DAS AUTONOMIAS

Galicia décima clasificada

O Campionato de España do Motocrós das Autonomías disputouse esta pasada fin de semana no Circuito Cerro Negro de Talavera de la Reina, Toledo. Todas as Comunidades estiveron representadas polos seus mellores pilotos que foron recibidos cunha climatoloxía complicada que foi determinante para o estado do trazado e os resultados. O sábado pola tarde levou a cabo a presentación de todos os equipos nun acto perfectamente organizado polo MC Talavera no Teatro Victoria. Antes celebráronse os adestramentos libres e as mangas de clasificación tanto de Elite como de 85cc. Victoria para Cataluña en Elite Na manga de clasificación de Elite, José Antonio Butrón levou a vitoria seguido de David Beltrán e de Adrià Monné. Non había dúbida de que cos pilotos, de enorme calidade, que presentaran as diferentes federacións territoriais, as mangas ían ser moi boas. Rodando toda a manga na cabeza, Beltrán gañou a primeira sen deixar que ninguén lle arrebatase esa P1 tan ansiada. Butrón, tamén indo segundo durante todas as voltas, cruzou a meta detrás de David e Monné, tras unha bonita loita con Xavier Hernández, terceiro. Na segunda o protagonista foi Butrón que logrou ir líder toda a carreira. Arcarons fixo o propio e mantívose segundo mentres que Monné terminou terceiro chegando desde atrás despois de verse superado na saída. José Antonio volveu destacar por encima dos demais na terceira e definitiva manga cando estivo na cabeza todos os xiros e gañou con autoridade. Nesta ocasión Elías Escandell coouse entre os mellores sendo segundo e deixando a Arcarons en terceira posición. Con estes resultados e na clasificación de Elite, Cataluña levou a vitoria, Andalucía foi segunda e Murcia terceira. Galicia foi décima en Mx-Élite, sen do Valentino Vázquez o que acadou o mellor resultado dos galegos, cun 13ª na primeira manga.

Estremadura, a mellor en 85cc No que se refire á categoría de 85cc tamén houbo bonitas pelexas. Os máis pequenos en competición querían ser protagonistas e axudar aos seus equipos para estar no máis alto. A primeira manga foi a parar a mans de Oleguer Riba tras unha gran remontada. Pau Caudet, que conseguira rodar líder durante algunhas voltas, terminou segundo e Alejandro Torres terceiro. Na segunda, a vitoria foi para o mesmo Caudet que esta vez non deixou que ninguén lle quitase ese desexado posto. Carlos Martín terminou segundo e Benigno García terceiro escribindo o seu nome entre os protagonistas destas Autonomías. Tras estes resultados, Estremadura foi a mellor en 85cc seguido de Cataluña e de Andalucía. Co cómputo de todos os resultados Cataluña repite vitoria no Campionato de España de #Motocrós das Autonomías, Andalucía é subcampioa e Madrid terceira. Galicia foi décimo segunga representada por Samuel González, Iván Vidal e Juanjo Vila.

Fotografías: Carlos Calderón