Inscricións

Inscricións

As inscricións e o pago dos dereitos correspondentes deberán efectuarse a través da zona privada de federado na web da FGM www.fgmoto.org.

1. En prazo: ata as 14:59 horas do luns anterior (6 días). 

2. Fora de prazo 1º recargo: ata ás 23:59 horas do mercores anterior ao día da proba. 2º recargo ata venres 10:00 horas (dereitos dobres)

Senón se realiza a inscrición conforme o anterior, o piloto perde o dereito a ser admitido para participar na proba, aínda que poderase admiti-la súa participación cobrandolle dereitos dobres no día da proba (cobro obrigatorio).

No caso de non poder asistir a unha competición deberá ser comunicado na FGM ata o venres ás 13.00 h. anterior ao día da celebración da competición. Para ter dereito a devolución dos dereitos, deberá facerse vía correo electrónico a inscricions@fgmoto.org.

O importe das inscricións leva incluído o importe dun euro de compensación polo gasto derivado da xestión telemática das inscricións e o seu pago.

Nas competicións cronometradas con transponders da FGM, o importe da inscrición leva incluída a compensación económica de tres euros destinada a creación dun fondo para reposición e renovación de transponders.

Tarifas inscrición FGM

Dereitos de Inscricion

Tarifas inscrición RFME

Dereitos de Inscricion