DÍA HISTORICO PARA O MOTOCICLISMO GALEGO

Jorge Prado e Rubén Fernández comparten podio no Cto. do Mundo de Motocrós.

O 26 de xuño de 2022, ese é o día que quedará marcado na historia do motociclismo galego. O lugués Jorge Prado (2º) e o vigués Rubén Fernández (3º) soben ao podio na proba do Cto. do mundo de motocrós disputada en Indonesia.

A Proba foi gañada polo esloveno Tim Gajser, que domina o mundial 2022 con man de ferro. Pasado o ecuador do certame, Prado sitúase terceiro na xeral e Fernández sexto.

República Checa próxima proba para que continúen facendonos soñar.