CONVOCATORIA ELECCIÓNS 2022
FGM
Contenido
ELECCIÓNS Á ASEMBLEA XERAL, COMISIÓN DELEGADA E PRESIDENCIA DA FEDERACIÓN GALEGA DE MOTOCICLISMO
CONVOCATORIA
Segundo o previsto pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, DECRETO 16/2018, do 15 de febreiro, polo que se establecen as bases e os criterios para a elaboración dos regulamentos electorais que deben rexer a realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas, a Xunta Directiva da Federación Galega de Motociclismo convoca a celebración de eleccións á Asemblea Xeral, Comisión Delegada e Presidencia.
O proceso electoral levarase a cabo de acordo có disposto no Regulamento Electoral aprobado pola Asemblea Xeral en xuntanza extraordinaria celebrada o 12 de maio pasado e ratificado pola SXD e Xunta Directiva.
A interpretación e aplicación do Regulamento Electoral corresponde á Xunta Electoral elixida por esa mesma Asemblea Xeral. A Xunta Electoral ten o seu enderezo no da Federación (r/ Fotógrafo Luis Ksado 17, ofic. 14, Vigo) ou no enderezo electrónico carlosaplopez@icavigo.es aos cales deberá remitirse toda a correspondencia dirixida á Xunta Electoral ou ás mesas electorais. A composición da Xunta Electoral é a seguinte:
- Presidente: D. Carlos Alberto Pérez López
- Secretaria: Dna. Ana María Iglesias Casal
- Vocal: Dª María Mercedes Gago Martínez
- Suplentes: Dª María Natividad Vila Costas
Dª. Iria García Oliveira
Dª. Dorinda Garaboa Paz
Os actos do proceso electoral levaranse a cabo nas datas contidas no calendario electoral anexo ó Regulamento.
As mesas electorais para a celebración das votacións estarán emprazadas no enderezo da Federación (r/ Fotógrafo Luis Ksado 17, Vigo) e no Servicio provincial de Deportes de A Coruña – Praza de Agustín Diaz 1 – 15008-A Coruña
Dende a publicación desta convocatoria queda exposto o censo provisional de electores e elixibles para que calquera membro da Federación poida consultalo e facer as reclamacións que estime oportunas ante a Xunta Electoral nos prazos e datas previstas que figuran no calendario electoral anexo a esta convocatoria. A consulta do censo pode facerse no taboleiro de avisos da Federación ou na páxina web da mesma: www.fgmoto.org., no apartado “Proceso Electoral FGM 2022”.
A s persoas membros da federación que pertenzan a dous ou mais estamentos no censo provisional, deberán optar por un deles, mediante escrito dirixido á xunta electoral que deberá cursarse no período de reclamacións ao censo provisional. O criterio para identificar os electores nun único estamento, no caso de non exercer a opción individual, serán, por esta orde: por número de participacións nas probas, será incluído no censo onde tivera mais participacións no ano anterior a convocatoria (2021) en caso de empate por esta orde: Deportista, Xuices-Arbitros e Técnicos. O criterio para identificar os electores nunha especialidade, no caso de non exercer a opción individual, será incluído no censo da especialidade onte tivera maior número de participacións no ano anterior a convocatoria (2021), en caso de empate no 2020, de continuar o 2019.
Con carácter provisional indícase que a Asemblea Xeral estará composta por trinta e un (31) membros, correspondendo ao estamento de clubs deportivos, dezasete (17), distribuídos por as especialidades que figuran nos estatutos en proporción á participación nos campionatos galegos. Estamento de Motocross, tres (3), estamento de Trial, tres (3), estamento de Enduro, tres (3), estamento de Velocidade, tres (3), estamento de Supercross, un (1), estamento de Quad-moto, un (1), estamento de Turismo, un (1), estamento de Supermotard, un (1) e estamento de Dirt track, un (1). Ao estamento de deportistas, sete (7) (destes sete, un (1) será escollido entre os DGAN – deportistas galegos de alto nivel recoñecidos pola SXD no deporte do motociclismo), o resto dos deportistas, seis (6), serán escollidos un por cada especialidade, Velocidade, un (1), Moto-cross, un (1), Supercross, un (1), Enduro, un (1), Trial, un (1) e Quad-moto, un (1). Ao de técnicos, catro (4) e ao de xuíces/arbitros, tres (3).
Os modelos oficiais de sobres e papeletas son os que se detallan no regulamento electoral.
Os prazos e condicións para exercer o voto por correo son os que se detallan no regulamento e calendario electoral.
Coa publicación desta convocatoria electoral, a Xunta Directiva cesa nas súas funcións e queda constituída en Comisión Xestora, limitándose no sucesivo a adoptar acordos de mera administración e trámite.
Vigo, 20 de xuño de 2022.