Trial

Convocatoria asemblea xeral ordinaria 1 febreiro

Na Casa do Deporte en Vigo

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

            O presidente da Federación Galega de Motociclismo, D. José Canda Rodríguez, convoca a tódolos membros da Asemblea Xeral da Federación para a celebración de reunión ORDINARIA que terá lugar o día 1 de febreiro do 2020, ás 10:30 h. en primeira convocatoria e ás 11:00 h. en segunda, no Salón de actos da  Casa do Deporte en Vigo – r/ Fotógrafo Luis Ksado, nº 17 (Vigo) -, coa seguinte Orde do día:

  1. 1.  Lectura e aprobación do Acta anterior.
  2. 2.  Memoria Anual.
  3. 3.  Informe Económico Exercicio 2019.
  4. 4.  Orzamentos para o ano 2020.
  5. 5.  Regulamentos 2020.
  6. 6.  Calendarios Campionatos Galegos 2020.
  7. 7.  Rogos e preguntas.

           As propostas para esta Asemblea deberán ser recibidas na Federación Galega de Motociclismo antes do día 29 de xaneiro do 2020, debidamente documentadas e razoadas.

           Para asistir á Asemblea será preciso acreditación de membro da mesma.

           As 17:30 h. do mesmo día, celebrarase a Entrega de Trofeos, Diplomas e Distincions dos CAMPIONATOS GALEGOS 2019 no mesmo Salón de Actos da Casa do Deporte.

                                                 Vigo, 20  de xaneiro de 2020