CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Sábado 22 xaneiro na Casa do Deporte Vigo

O presidente da Federación Galega de Motociclismo, D. José Canda Rodríguez, convoca a tódolos membros da Asemblea Xeral da Federación para a celebración de reunión ORDINARIA que terá lugar o día 22 de xaneiro do 2022, ás 10:30 h. en primeira convocatoria ou ás 11:00 h. en segunda, na Casa do Deporte en Vigo – r/ Fotógrafo Luis Ksado, nº 17 (Vigo) -, coa seguinte Orde do día:

  1. Lectura e aprobación do Acta anterior.
  2. Memoria Anual.
  3. Informe Económico Exercicio 2021.
  4. Orzamentos para o ano 2022.
  5. Regulamentos 2022.
  6. Calendarios Campionatos Galegos 2022.
  7. Rogos e preguntas.

As propostas para esta Asemblea deberán ser recibidas na Federación Galega de Motociclismo antes do día 20 de xaneiro do 2022, debidamente documentadas e razoadas.

Pola seguridade de todos, debido á situación especial deribada do Covid19, rógase traian a documentación que van recibir por correo-e revisada para pasar a súa votación o mais rápido posible e acortar o tempo de duración da asamblea.

Para asistir á Asemblea será preciso acreditación de membro da mesma.

Vigo, 11 de xaneiro de 2022