CONVOCATORIA ASEMBLEA

09/01/2024

O presidente da Federación Galega de Motociclismo, D. José Canda Rodríguez, convoca a tódolos membros da Asemblea Xeral da Federación para a celebración de reunión ORDINARIA que terá lugar o día 20 de xaneiro do 2024, ás 10:30 h. en primeira convocatoria ou ás 11:00 h. en segunda, na Casa do Deporte en Vigo – r/ Fotógrafo Luis Ksado, nº 17 (Vigo) -, coa seguinte Orde do día:

  1. Lectura e aprobación do Acta anterior.
  2. Memoria Anual.
  3. Informe Económico Exercicio 2023.
  4. Orzamentos para o ano 2024.
  5. Regulamentos 2024.
  6. Calendarios Campionatos Galegos 2024.
  7. Rogos e preguntas.

As propostas para esta Asemblea deberán ser recibidas na Federación Galega de Motociclismo antes do día 17 de xaneiro do 2024, debidamente documentadas e razoadas.