Aprazada actividade federación galega de motociclismo

CET BAIONA e VF CHALLENGE FORCAREI APRAZADAS A ESPERA DO QUE DECIDAN OS ORGANIZAORES

Seguindo a recomendación das autoridades sanitarias e da SXD a FGM apraza toda a sua actividade dende o 12 de marzo.

En coordinación coa RFME e os clubes organizadores retomaremos as organizacións cando así o decidan as autoridades.

As primeiras probas afectadas son o CET de Baiona, o VF Challenge de Forcarei e o Trial de Entrimo. Iremos actualizando información segundo as indicacións que nos vaian dando.

Os pilotos inscritos nas probas nacionais afectadas deben contactar coa RFME, en principio pasan as inscricións para a seguinte proba que se celebre. De querer a devolución da inscrición tamén se pode pedir.

O programa XOGADE da SXD queda paralizado ata nova orde. Recoméndase as escolas parar toda a súa actividade formativa e de adestramentos colectivos ata novo aviso. Os adestramentos individuias están permitidos pero deben comunicarse na zona privada de federado.

É responsabilidade de cada un, pilotos, clubes e concellos cumprir coas recomendacións dadas.

Sentimos as molestias que todo isto poda ocasionar.