Convocatoria asemblea xeral ordinaria 1 febreiro
Na Casa do Deporte en Vigo
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
O presidente da Federación Galega de Motociclismo, D. José Canda Rodríguez, convoca a tódolos membros da Asemblea Xeral da Federación para a celebración de reunión ORDINARIA que terá lugar o día 1 de febreiro do 2020, ás 10:30 h. en primeira convocatoria e ás 11:00 h. en segunda, no Salón de actos da Casa do Deporte en Vigo – r/ Fotógrafo Luis Ksado, nº 17 (Vigo) -, coa seguinte Orde do día:
- 1. Lectura e aprobación do Acta anterior.
- 2. Memoria Anual.
- 3. Informe Económico Exercicio 2019.
- 4. Orzamentos para o ano 2020.
- 5. Regulamentos 2020.
- 6. Calendarios Campionatos Galegos 2020.
- 7. Rogos e preguntas.
As propostas para esta Asemblea deberán ser recibidas na Federación Galega de Motociclismo antes do día 29 de xaneiro do 2020, debidamente documentadas e razoadas.
Para asistir á Asemblea será preciso acreditación de membro da mesma.
As 17:30 h. do mesmo día, celebrarase a Entrega de Trofeos, Diplomas e Distincions dos CAMPIONATOS GALEGOS 2019 no mesmo Salón de Actos da Casa do Deporte.
Vigo, 20 de xaneiro de 2020