Aberto Prazo para calendar probas FGM 2021

Ata o 24 de decembro

CIRCULAR INFORMATIVA F.G.M.

SOLICITUDES COMPETICIÓNS CAMPIONATOS GALEGOS 2021

SOLICITUDES PARA CALENDAR PROBAS/EVENTOS 2021

Para ser sometido a estudo polos órganos competentes e posterior presentación a Asemblea Xeral da F.G.M. para a súa aprobación, os clubs afiliados a esta Federación interesados na organización de competicións puntuables para os CAMPIONATOS GALEGOS 2021, e outras competicións/Adestramentos/Cursos a calendar para o próximo ano, deberán enviar a esta F.G.M. antes do día 24 de decembro do 2020, as solicitudes das competicións que desexen organizar, indicando: data prioritaria, datas alternativas e lugar de celebración (as datas das competicións dos Ctos. Galegos non deberán coincidir coas dos Ctos. de España da mesma modalidade ou categorías). Xunto coa solicitude de cada proba deberán remitir os permisos ou declaración de intención para autorizar a competición por parte dos Concellos e Comunidades de Montes ou propietarios dos lugares nos que está previsto celebra-la proba.

Tendo en conta a situación actual causada polas restriccións impostas na loita contra o Covid19 os organizadores terán previsto un protocolo seguro para realización das competicións ou eventos programados. Obrigatorio presentar co regulamento da proba a autorización do concello onde se celebre.

Debido aos problemas cos que se atopan os clubs para organizar as probas no medio natural, resulta necesario enviar xunto coas solicitudes para a organización das probas de Enduro e Trialunha ubicación ou percorrdio, que non debe discorrer por zonas protexidas ou de especial interese natural nin de patrimonio histórico, coas indicacións que correspondan (emprazamento das probas especiais, dos controis horarios, das zonas, etc.).

            Motivado as medidas para a prevención de incendios forestais establecidas polo Decreto 105/2006 do 22 de xuño e a Lei 3/2007, recomendase evitar a época de máximo risco de incendios para a organización de probas en terreos forestais, pois é necesario que os organizadores soliciten autorización expresa a correspondente delegación provincial da Consellería do Medio Rural, que pode autorizar ou prohibir a celebración das competicións. Aínda que a época de máximo risco de incendios pode variar, en anos anteriores foi dende o mediados de xuño ata finais de setembro, tendo chegado en ocasións ata mediados de outubro.

Lembramos ca normativa actual establece que os permisos a Consellería do Medio Rural deben ser solicitados cunha antelación mínima de tres meses a data prevista para a celebración da proba.

            Achegamos impreso de solicitude de competicións, que deberá ser recibido nesta Federación, cumprimentado, asinado e selado polo club, antes do día 24 de decembro do 2020