4 DE MAIO - CTO. ESPAÑA TRIAL EN CANGAS (PO)
O mc Aldán organiza unha proba do campionato de España de Trial TR3 TR4 CADETE XUVENIL e FEMINAS. As zonas e area de saída estarán no entorno do porto de Aldán. Coincidindo con esta proba disputarase a terceira competición puntuable para o CGT. Gabriel Marcelli, actual lider do nacional cadete, Ruben Gomez en TR3 e Martín Riobo en Xuvenil serán as principais bazas galegas con opción de podio.