logodeporte galego
    • 22/05/2015

    TROFEO GALEGO DIRT TRACK 2015

    Adianto das bases do TGDT

    TROFEO GALEGO DIRT TRACK


    Adiantamos noticias sobre o Trofeo Galego de Dirt Track convocado pola FGM para 2015 despois de que foran aprobadas pola Comisión Delegada as bases propostas polos organizadores das tres probas as que está convocado o Trofeo:

    Para participar e puntuar neste Trofeo os pilotos teñen dúas opcións:

    - Os pilotos con licenza anual da FGM terán inscrición gratuíta

    - Tramitar a licenza para 1 sola proba (50 €) + inscrición (20 €) = 70 €

    Xunto con estas competicións realizaranse probas de carácter social para os que non estean interesados en puntuar no Trofeo nin optar aos premios e nas que poderán participar coa licenza social:

    - Tramitar a licenza social para 1 sola proba (30 €) + inscrición (20 €) = 50 €

    - Os que teñan licenza social anual da FGM (125 €) para participar nas probas só pagaran a inscrición (20 € en cada proba)

    A idade mínima para participar e de 15 anos cumpridos, con motocicletas dende 125 c.c. 2 tempos ata 700 c.c. 4 tempos, con rodas de asfalto cun raiado dun máximo de 0,5 cm de profundidade. Obrigatoriamente deben eliminar pinza do freo dianteiro, maneta e disco, desmontar faros e matrícula no caso de que os teña. As placas porta-números deberán ser conformes as dimensións do regulamento do C.G. de Motocross

    O formato das probas será con adestramentos libres, mangas clasificatorias, repesca, semifinais, das que clasificarán 7 pilotos para as dúas mangas finais. Para a clasificación da proba sumarán os puntos conseguidos en cada manga final. Os tres primeiros clasificados en cada proba que puntúen para o Trofeo (participantes con licenza competitiva anual ou de 1 proba) ademais dos trofeos recibirán os seguintes premios en metálico: 100 € para o 1º clasificado, 75 € para o 2º e 50 € para o 3º.

    CALENDARIO TROFEO GALEGO DIRT TRACK

    25 xullo                     Santiago de Compostela          M.C. MNMoto

    15 agosto                  O Porriño                              M.C. Papaya

    12 setembro             a determinar                         M.C. Papaya

  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores