logodeporte galego
    • 24/04/2015

    SANTIAGO, CAPITAL DO ENDURO NACIONAL POR TRES DÍAS

    MNM organiza a terceira proba do CEE

     A concelleira de Deportes, María Corral, presentou en rolda de prensa a terceira proba do Campionato de España de Enduro, que se se celebrará o venres 24, sábado 25 e domingo 26 en Santiago de Compostela. Un circuíto nas inmediacións do Estadio de San Lázaro e outro no Monte do Gozo acollerán as diferentes especiais, nas que participarán 184 pilotos.

    Haberá un parque cerrado na praza do Obradoiro, onde os afeccionados poderán observar dende o venres as motos que participarán neste Campionato de España de Enduro. Dende aí desprazaranse nas xornadas do sábado e do domingo aos circuítos de San Lázaro e do Monte do Gozo para as diferentes especiais. En ambos emprazamentos haberá lugares habilitados para que o público poida presenciar, de xeito gratuíto, esta espectacular competición.

    A competición, organizada polo Moto Club Móvete na Moto coa colaboración do Concello de Santiago, contará con destacados pilotos nacionais e internacionais, como Xacob Agra, Aaron Bernárdez, Víctor Guerrero, Iván Cervantes, Mario Román, Juan Pérez de la Torre, Lorenzo Santolino, Oriol Mena, Joakim Ljunggren, Joan Barreda, Jordi Figueras, Danny McCanney, Jaume Betriu, Joan Pedreró, David Knight, Anthony Boissiere, Julien Gauthier ou Fabien Planet, entre outros.

    Tras as verificacións técnicas, os pilotos sairán todos xuntos de San Lázaro na tarde do venres para dirixirse á praza do Obradoiro, onde haberá un acto de presentación. Tanto o sábado como o domingo, as carreiras iniciaranse a partir das 9:00 horas e as cerimonias de entrega de premios celebraranse en torno ás 16:00 horas.

    Acompañaron a María Corral na presentación deste Campionato de España de Enduro o piloto Iván Cervantes; Josep Alonso, da Federación Española de Motociclismo; Nano Ferro, da Federación Galega de Motociclismo; e José Canda, presidente do MC Móvete na Moto.   


    Fonte: Concello Santiago

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores