logodeporte galego
    • 11/06/2014

    ROMAN (F70), TRIGO (SCOO CLASICO), ABAL (CLASICAS) e DOMINGUEZ (MINIGP) VENCEN EN FORCAREI

    Os catro vencedores da proba lideran tamén a xeral provisional do campionato.

    O Mc. Compostela organizou a segunda do CGV F70, Clásicas e Minigp. Xornada complicada para os pilotos que tiveron que rodar en todo tipo de condicións ao longo do día, con momentos de fortes chuvias, vento e finalmente seco.

    En F70, Ignacio Román dominou todalas condicións, sendo o mais rápido nos libres, cronos e vencendo as duas mangas.

    En Clásicas Jorge Abal e Luis M. Piñeiro repartirónse as vitorias parciais, pero o cero de Piñeiro na segunda manga non lle deixou disputar o triunfo a Abal.

    Nos Scooters Clásicos, Antonio Trigo lidera o campionato despois de gañar esta proba, por diante de David Villar e Emilio Vilanova. Felipe Viso cruzou primeiro a liña de meta na segunda manga, pero o abandono da primeira no lle deu opción.

    En Minigp, Andrés Dominguez repetiu o triunfo e leva pleno nas catro mangas disputadas no que vai de ano.

    A próxima cita será no circuito da Pastoriza (Lugo) o 6 de Xullo (Mc. Barrena2)

    Tamén tomaron parte do evento os cativos da Liga Galega de Minimotos infantil, que se celebra paralelamente a modo de curso de aprendizaxe.  

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores