logodeporte galego
    • 20/10/2014

    RIOBÓ (TR3 JUN), LEIRÓS (TR3 35) e JOSE L. LOPEZ (TR4) SENTENCIAN AS SÚAS CATEGORÍAS NA XERAL DO CGT

    A falta da proba de Vilagarcía (8 e 9 nov) xa se coñecen a maioría dos vencedores finais

    Os arredores do parque empresarial de Castiñeiras (Bueu) acolleron, organizada polo M.C. Aldán, a penúltima proba do CGT 2014. A clasificación xeral das maiorías das categorías quedaron sentenciadas neste trial, en Vilagarcía, 8 e 9 de novembro, acabaránse de cuadrar os podios finais.

    En TR2, con Marcelli campíon, e ausente neste trial, o vencedor foi o vilagarcián Carlos Miguéns.

    Martín Riobó co seu terceiro posto en TR3 JUNIOR, cobra unha ventaxa de 30 puntos na xeral, imposible de salvar para os seus rivais a falta de 25 puntos por disputarse, a vitoria en Bueu foi para Iago Armesto.

    Entre os veteranos de TR3+35, Angel Leirós lograba o seu quinto triunfo do ano que o acredita como xusto vencedor. Carlos Waldomar, terceiro, asegura o subcampionato, mentras que Jaime Gonzalez e Javier Neo disputaranse o terceiro lugar do podio no derrdeiro trial.

    En TR4 repetíase a historia, tamén quinta vitoria para José L. López, matematicamente vencedor, Paco Alvarez, segundo onte e segundo da xeral xa non correrá perigo, os seus inmediatos seguidores, Alvaro Pérez e Casimiro García pelexarán polo terceiro lugar na proba que falta sen posibilidades de alcanzalo na xeral.

    Sábado de tarde celebraronse as Copas de trial clásico e infantil, con vitorias de Leirós, Botana e Hermelo en clásicas. Entre os cativos, Xurxo Neo foi o mellor en Alevín e Chente López-Perea en Xuvenil.

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores