logodeporte galego
    • 24/10/2015

    Publicadas as bases reguladoras de subvencións a Clubs

    Este ano, a diferenza de anos anteriores, publícanse en primeiro lugar as BASES REGULADORAS, quedando pendente para os vindeiros días a publicación da CONVOCATORIA.

    27.10.2015

    Publicadas as bases reguladoras de subvencións a Clubs, SAD e Agrupacións Deportivas Escolares

     

    Hoxe publicouse no Diario Oficial de Galicia a “RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas”.

     

    Este ano, a diferenza de anos anteriores, publícanse en primeiro lugar as BASESREGULADORAS, quedando pendente para os vindeiros días a publicación da CONVOCATORIA.

     

    Polo tanto, aínda non se poden presentar as solicitudes de subvención ata que non se publique no DOG o texto coa Resolución polo cal se CONVOCAN ditas subvencións.

     

    O mesmo día en que se publique a convocatoria no DOG comunicaráselle de novo vía e-mail, ademáis de publicalo na web da Secretaría Xeral para o Deporte.

     

    Ver noticia en http://deporte.xunta.gal/

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores