logodeporte galego
    • 30/04/2019

    O CTO. DO MUNDO DE ENDURO VOLTA A GALICIA

    10, 11 e 12 de Maio en Santiago de Compostela

    Un mes despois de que a temporada comezase en Alemaña o paddock de Enduro GP trasladase á segunda proba do xa tradicional periplo ibérico. A segunda cita será en Santiago de Compostela, despois da poba de Valpaços (Portugal).

    Por segunda vez o FIM Maxxis Enduro World Championship, O Gran Premio de España será organizado por Moto Club Movete Na Moto de Lalín coa axuda das federacions FIM, RFME e FGM.

    Para a occasión o club MNM vai marcar un excelente percorrido de 70 km por volta nos arredores da cidade de Santiago de Compostela ao que os participantes deberán dar 3 voltas cada día. O paddock e as oficinas de carreira estarán ubicadas no estadio de San Lázaro. O venres abrirase co Super Test e o Xtreme Test tamén nas inmediacions do estadio. O Supertest celebrase o venres, consiste nunha pequea crono de minuto e medio na que os participantes terán que sortear obstáculos artificiais e naturais. Con estas especiais buscase achegar o Enduro a zonas urbanas, onde os espectadores menos expertos teñen unha ocasión perfecta para acheagarse a ver unha proba de Enduro.

    Os próximos dous días sábado e domingo os corredores deixaran o parque fechado para facer o rally, de aproximadamente 70 km nos montes aledaños de Santiago. O percorrido ten uns controis horarios que os pilotos teñen que cumprir para non ser penalizados. No medio deste percorrido encontraranse coas especiais cronometradas situadas no parque industrial de A Sionlla. Estas especiais soen ser determinantes na clasificación final. Son probas feitas en obstáculos naturais, na que os piltosos saindo de un en un, loitarán contra o crono para ver quen para antes o reloxo. Alí os espectadores poderán disfrutar do espectacular cross test e do enduro test. Calculase cos pilotos tardarán entre 8 e 10 minutos en completar as probas especiais, que serán determinantes para las clasificacións. A suma destes tempos serán os que determinen a clasificación final.

     

     

     

    A proba está incluida dentro do calendario oficial da Federación Internacional de Motociclismo do ano 2019.

    O calendario internacional de Enduro de 2019 conta con 7 probas en todo o mundo, o G.P. DE ESPAÑA, será a terceira deste calendario.

    Tratase do sexta edición consecutiva do Enduro que se vai celebrar en Santiago de Compostela, por segunda vez, valedeira para o Campionato do Mundo.

     

    O calendario de probas mundiais de 2019, ademáis da disputada en Santiago son:

    24/03/2019 – Dahlen - Alemaña

    05/05/2019 – Valpaços - Portugal

    12/05/2019 – Santiago de Compostela.

    14/06/2019 – Ajaccio - Francia

    23/06/2019 – Rovetta - Italia

    15/09/2019 – Uhlirske Janovice - Chequia

    29/09/2019 – Ambert - Francia

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores