logodeporte galego
    • 07/03/2014

    Nace a Liga Galega de Minimotos

    LIGA GALEGA FGM MINIMOTOS 2014:

     

    Para nenos/as de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos, con licenza autonómica da FGM (gratuíta) ou homologada RFME. Admitiranse nenos/as de 4 ata 6 anos coa credencial de iniciación.

    Trala reunión mantida onte na F.G.M. cos clubs organizadores de probas do Cto. Galego de Velocidade Scooter / MiniGP e T.C. Scooter e Motos Clásicas 2014 para plantexarlles a posibilidade de incluír nestas probas adestramentos e mangas para as categorías de Minimotos e Minimotard (Pit-Bikes), a proposta foi acollida con agrado e serán trasladas a Comisión Delegada para a súa aprobación. A continuación expoñemos as bases da proposta:

    LIGA GALEGA FGM MINIMOTOS 2014:

     Para nenos/as de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos, con licenza autonómica da FGM (gratuíta) ou homologada RFME. Admitiranse nenos/as de 4 ata 6 anos coa credencial de iniciación.

    Estas probas desenrolaranse a modo de cursiños en quendas de 10 minutos (2 ou 3 quendas en función do número de participantes e categorías)

     O importe da inscrición para cada proba e de 16 euros que deberán realizar e pagar a través da web da FGM cunha antelación de 7 días a celebración da proba ou fora de prazo ata 3 días antes con recargo (21 euros as inscricions fora de prazo).

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores