logodeporte galego
    • 14/01/2014

    MX SX Aberto prazo solicitudes probas ata 31 marzo

    A Asemblea Xeral da FGM acordou amplia-lo prazo de presentación de solicitudes de probas para os Ctos. Galegos de MOTOCROSS e SUPERCROSS 2014 ata o 31 de marzo.

    CIRCULAR INFORMATIVA F.G.M. Nº 1 /2014

    AMPLIACIÓN PRAZO SOLICITUDES COMPETICIÓNS C. G. MX E SX 2014

    A Asemblea Xeral da FGM acordou amplia-lo prazo de presentación de solicitudes de probas para os Ctos. Galegos de MOTOCROSS e SUPERCROSS 2014 ata o 31 de marzo.

     

    Os clubs afiliados a esta Federación interesados na organización de competicións puntuables para os CAMPIONATOS GALEGOS de MOTOCROSS ou SUPERCROSS 2014 deberán enviar a esta F.G.M. antes do día 31 de marzo do 2014, as solicitudes das probas destes campionatos que desexen organizar, indicando: data prioritaria, datas alternativas e lugar de celebración (as datas das competicións dos Ctos. Galegos non deberán coincidir coas dos Ctos. de España da mesma modalidade). Xunto coa solicitude de cada proba deberán remitir os requisitos esixidos por acordo da Asemblea, entre os que se atopan a garantía económica (ingreso, cheque ou aval de 1.200,00.-euros), os permisos do Concello e autoridades competentes para a celebración da proba e un croquis ou plano a escala do circuíto indicando as dimensións (pista, parque de corredores, instalacións complementarias, situación dos comisarios de sinalización, etc).

     

     

                Motivado as medidas para a prevención de incendios forestais establecidas polo Decreto 105/2006 do 22 de xuño e a Lei 3/2007, recomendase evitar a época de máximo risco de incendios para a organización de probas en terreos forestais, pois é necesario que os organizadores soliciten autorización expresa a correspondente delegación provincial da Consellería do Medio Rural, que pode autorizar ou prohibir a celebración das competicións. Aínda que a época de máximo risco de incendios pode variar, en anos anteriores foi dende o mediados de xuño ata finais de setembro, tendo chegado en ocasións ata mediados de outubro.

     

    Recordamos que normativa actual establece que os permisos a Consellería do Medio Rural deben ser solicitados cunha antelación mínima de tres meses a data prevista para a celebración da proba.

     

                Achegamos impreso de solicitude de competición, que deberá ser recibido nesta Federación, cumprimentado, asinado e selado polo club, antes do día 31 de marzo do 2014

  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores