logodeporte galego
    • 28/04/2014

    IVAN CERVANTES VENCE O CEE DE SANTIAGO

    Movete na Moto organizou a terceira proba do campionato de España de Enduro conxuntamente coas duas primeiras citas do cto. galego.

    No primeiro día ata 3 pilotos diferentes, Cervantes, Guerrero e Mena conseguiron os mellores tempos nas especiais. Apretada vitoria de Iván Cervantes que conseguiu dobregar a Cristobal Guerrero na penúltima especial do sábado, e porse ao frente da provisional, o que deixaba a vitoria parcial da primeira xornada por decidir para a derradeira crono. Tamén gañou a manga final para vencer por apenas dous segundos despois de oito especiais.

    No segundo día o dominio do catalán ainda foi maior vencendo seis das nove cronometradas, distanciando outra vez a Cristobal Guerrero a mais de dezasete segundos e a casí medio minuto do terceiro, Jonathan Barragan.

    A participación galega no CEE saldouse co quinto posto de Aaron Bernardez en E3 no primeiro día e o sexto posto de Xacob Agra no segundo día tamén en E3. Oitavo foi o mellor resultado de Giovanni Perez en Senior B 2T, baixando ata a 12º posición no domingo. 13º e 10º foi Luis Villasol na mesma categoría. En Senior C, Alberto Lococo foi 7º e 8º en ambos días de competición.

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores