logodeporte galego
    • 23/11/2015

    HUGO AMADO EN MX65 E JOSÉ CANOSA EN MX85, CAMPIÓNS GALEGOS DE MOTOCROSS

    O M.C. Saltamontes organizou a última proba do C.G. de Motocross

    O pasado domingo 22 de novembro disputouse no circuíto vello de Morás, en Arteixo, a quinta e última proba do Cto. Galego de Motocross nas categorías de MX65 e MX85, nunha xornada fría e con abundante chuvia.

    Na categoría MX65 Adrián Castro foi o vencedor da proba tras quedar 2º na primeira manga e ganar a última, logrando así o Subcampionato. Mentres que Nicolás Soutullo foi 2º nesta proba tras vencer a primeira manga e finalizar 2º na última, resultados que lle serviron para subir ata a terceira posición da clasificación final do Campionato. Hugo Amado chegaba a esta proba cunha importante vantaxe en puntos coa que ninguén podía impedirlle lograr o Campionato, finalizando nestra proba na 3ª posición.

    En MX85 non houbo sorpresas e José Canosa lograga o Campionato tras vencer as dúas mangas. Samuel Vázquez foi segundo nas dúas mangas destra proba e finaliza Subcampión. Antonio Sampedro acabou terceiro na proba e tamén na clasificación final do Campionato.

  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores