logodeporte galego
    • 19/09/2016

    GRAN FINAL DOS CTOS. DE ESPAÑA E GALEGO DE ENDURO EN SANTIAGO

    Podio de Isidoro Martinez en Máster e Juan Outón en Senior B 2 T

    O pasado fin de semana, 17 e 18 de setembro, celebrouse en Santiago de Compostela, organizada polo Moto Club Móvete na Moto a última proba do Cto. de España e Cto. Galego de Enduro. 

    No nacional os resultados mais destacados dos pilotos galegos foron os de Isidoro Martínez na categoría Máster e de Juan Outón en Senior B 2T. Isidoro lograba o primeiro posto do podio final da suma dos dous días de competición nesa categoría, tras finalizar na 2ª posición os dous días. Mentras que Juan Outón lograba a segunda praza do podio en Senior B 2T tras finalizar 5º o primeiro día e vencer o último.

    Outros galegos que participaron no Nacional foron: na categoría de Senior B 2T Juan C. Moreiras que finalizou 4º o primeiro día de competición, Antón Fernández que finalizou 8º o primeiro día e 7º o segundo e Daniel Gonzalez que acabou 10º os dous días; mentras que en Senior C 2T Carlos Giovanni Pérez finalizóu na 5ª posición os dous días e Alberto Lococo 8º o primeiro día e 12º o domingo

    FEDERACION GALEGA DE MOTOCICLISMO

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores