logodeporte galego
    • 04/11/2015

    GABRIEL MARCELLI CAMPION GALEGO DE TRIAL 2015

     

    Trialco organizou a proba final do CGT

    En Orro, no concello de Culleredo celebrouse a proba definitiva do CGT 2015. O M.C. Trialco foi o encargado de organizala derradeira proba.

    TR1, nun dos mais emocionantes finais das últimas temporadas, José Suarez e Gabriel Marcelli, acabaron empatados a puntos con tres vitorias parciais para cada un, polo que o triunfo nesta derradeira proba valía dobre, xa que desempataba o campionato a favor do xoven do Rosal. Duas xeracións que se cruzan, o multicampíon Suarez coa nova promesa do trial galego e nacional que esta a punto de proclamarse tamén campion de españa júnior. Alén Damil finalizou terceiro.

    TR2, se foi apretado a o título absoluto, en TR2 as cousas tamén deron un volco na proba coruñesa. Os tres pilotos que se disputaban o título sabían que só valía o triunfo en Orro para proclamarse campíon. O mais forte foi outro novo trialeiro, o cangués Martín Riobó que grazas a unha excepcional primeira volta con só 10 puntos de penalización conseguiu unha ventaxa que soubo administrar nas duas voltas finais, relegando a Javier Piñeiro ao segundo lugar na proba e campionato, mentras o terceiro convidado na loita, que chegaba a Orro como líder, Carlos Miguéns baixaría ata a terceira praza final.

     

    TR3 JUNIOR, con Yago Armesto xa gañador e participando nesta proba na categoría superior de TR2, Iker Gonzalez conseguía unha vitoria que lle aseguraba o subcampionato. Cesar Montilla foi segundo nesta competición.

     

    TR3+35, O incombustible Angel Leirós un ano mais vence entre os mais veteranos, ainda que nesta proba Carlos Waldomar foi o vencedor non foi quen de recortar a ventaxa a Leirós, que cun segundo lugar certificaba o Trofeo +35. Jaime Gonzalez subiou ao terceiro lugar do caixón por delante de Javier Neo que con este cuarto posto aseguraba a terceira posición final.

     

    No trofeo TR4 Jose L. lópez refrendou cun novo triunfo a sua vitoria final nos pasos amarelos. Francisco Alvarez Castro e Jose A. Botana acompañarono no podio final da proba e do campionato.

     

    O día anterior tamén deron punto final os trofeos infantis e clásicas, con vitoria de Leirós (Clasicas A), Botana (B) e Juane (C). Mentras que entre os mais cativos ainda co que prima e a aprendizaxe a modo de iniciación, os vencedores foron Chente Lopez-Perea en xuvenil e Fernando Solorzano nos alevins.

     

    Clasificacións completas en www.fgmoto-modalidades-trial

  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores