logodeporte galego
    • 16/11/2015

    GABRIEL MARCELLI CAMPIÓN DE ESPAÑA DE TRIAL JUNIOR

    Gabriel Marcelli logra o título de Campión de España de Trial Júnior tras vencer na última proba

    O pasado domingo 15 de novembro celebrouse na localidade de Cal Rosal (B) a última proba do Cto. de España de Trial, na que o galego Gabriel Marcelli lograba unha nova vitoria coa que acada o título de Campión de España de Trial Júnior, tras vencer en seis probas e tendo como peor resultado o segundo posto na proba que se celebrou en Andorra. A grave lesión que sufrira nun adestramento no mes de xullo non foi impedimento para lograr o seu cuarto título nacional consecutivo, tras vencer na Copa Nacional de Trial Xuvenil en 2012 e 2013 e na Copa Nacional de Trial Cadete na pasada tempada 2014.

    Outro galego que participou no Cto. de España de Trial Júnior foi Alen Damil que nesta útima proba finalizou na 9ª posición e remata 8º na Clasificación Final do Campionato.

    Mentres que na categoría absoluta, Cto. de España de Trial TR1, o galego Jorge Casales finalizaba 8º na clasificación desta última proba e na 6ª posición na Clasificación final do Campionato.

     

  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores