logodeporte galego
    • 02/04/2014

    GABRIEL MARCELLI, VENCEDOR NA 2º PROBA DO TROFEO NACIONAL TRIAL CADETE

    O pasado domingo 30 de marzo o galego Gabriel Marcelli venceu a segunda proba do Trofeo Nacional de Trial celebrada en Sigüenza (Guadalajara) cunha grande vantaxe de puntos sobre o segundo clasificado

    GABRIEL MARCELLI, VENCEDOR NA 2º PROBA DO TROFEO NACIONAL TRIAL CADETE – SIGÜENZA (GUADALAJARA)

     

    O pasado domingo 30 de marzo o galego Gabriel Marcelli venceu a segunda proba do Trofeo Nacional de Trial celebrada en Sigüenza (Guadalajara) cunha grande vantaxe de puntos sobre o segundo clasificado, despois de realizar a primeira volta sen ningún punto de penalización. Desta forma afianza a primeira posición na clasificación provisional deste Trofeo Nacional.

    O mesmo día celebrouse a primeira proba do Cto. de España de Trial TR1, na que o galego Jorge Casales acadou a quinta posición por detrás dos catro mundialistas. E na categoría do Trofeo Nacional TR3 outro galego, Rubén Gómez, finalizaba na quinta posición.

    A seguinte proba deste Trofeo Nacional celebrarase en Galicia o día 4 de maio, concretamente na localidade de Cangas do Morrazo.

     

    Acompañamos con fotografía do podio desta proba na categoría Cadete con Gabriel Marcelli na primeira posición.

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores