logodeporte galego
    • 03/07/2015

    FIN DE SEMANA MOTOCICLISTA EN FORCAREI

    Copa Galega Trial Clásicas/Infantil e C.G. Velocidade o mesmo fin de semana

    Os próximos días 11 e 12 de xullo Forcarei será o centro da actividade motociclista en Galicia, coa disputa da cuarta proba das Copas Galegas de Trial Clásicas e Infantil o sábado día 11 e coa terceira proba do Cto. Galego de Velocidade o domingo día 12, organizadas polo Moto Club Compostela.

    O sábado ademais da proba de Trial Clásicas e Infantil, celebraránse no circuito de Velocidade de "A Madalena" adestramentos para todos os pilotos federados que se inscriban.

    Para a proba do Cto. Galego de Velocidade que se disputa o domingo están convocadas as categorias de Scooter F70, Minivelocidade, Scooter e Motos Clásicas, Minimotard e Minimotos.

  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores