logodeporte galego
    • 25/02/2014

    Excelentes resultados dos pilotos galegos na primeira do CET

    Varios pilotos galegos competiron en Castellolí (Barcelona) na primeira proba do CET 2014, dous podios é un cuarto posto, non está nada mal para comezar.

    TROFEO NACIONAL TRIAL  (1ª PROBA) – MOTOPARC CASTELLOLÍ (B)

     

    O pasado domingo, 23 de febreiro, iniciose o Trofeo Nacional de Trial en Castellolí (Barcelona), na que varios pilotos galegos tiveron unha actuación destacada.

     

    Comenzando co Trofeo Nacional de Trial Cadetes, o piloto do Rosal, Gabriel Marcelli, quen lograra nas duas tempadas anteriores o titulo de Vencedor da Copa de España de Trial Xuvenil, subiu de categoría logrando a vitoria en Cadetes nesta proba inaugural, cunha grande diferenza de puntos sobre o segundo clasificado.

     

    NaCopa de España de Trial Xuvenil A, o cangués, Martín Riobó, acabou na terceira posición.

     

    Mentras que no Trofeo Nacional TR3, o piloto de Ourense, Rubén Gómez, volveu a competición despois de varias temporadas para lograr un meritorio 4º posto nesta primeira proba.

     

    A seguinte proba do Trofeo Nacional para as categorías TR2 e Cadetes será o 30 de marzo en Sigüenza (Guadalajara) que tamén será puntuable para o Cto. de España de Trial TR1, categoría absoluta na que participará o Campión de Europa de Trial Junior 2013, o galego Jorge Casales.

     

    Os pilotos da Copa de España de Trial Xuvenil terán a segunda cita na proba que se celebrará en Cangas do Morrazo o día 4 de maio, que tamén será puntuable para o Trofeo Nacional Cadete.

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores