logodeporte galego
    • 31/01/2017

    EXAMENES DE CARGOS OFICIAIS

    25 Febreiro - Casa do Deporte - Vigo

    EXAMES E RECICLAXE  CARGOS OFICIAIS F.G.M. 25/02/2017


    Ademais da convocatoria de exames e cursos para a obtención das titulacións de cargos oficiais, a Federación Galega de Motociclismo convoca cursos de reciclaxe para que os cargos oficiais que xa teñen titulacións aprobadas e queiran asistir en calidade de oínte poidan actualizar coñecementos e os cambios regulamentarios.

      

                Por este motivo, todos os clubs ou persoas interesadas en participar nos cursos e presentarse aos exames deben remitir á FGM (por fax 986-437273 ou correo electrónico info@fgmoto.org) coa maior brevidade posible a relación de persoas que se van a presentar aos exames, indicando: nome, apelidos, D.N.I., enderezo, teléfono, e as titulacións de Cargo Oficial ás que teñen previsto presentarse (director de competición, comisario deportivo, comisario técnico, cronometrador e xuíz de trial). Detallando se queren presentarse a exames e cursos para titulacións ou reciclaxe de ámbito autonómico (FGM).

     A data limite para recibir nesta FGM o listado de persoas que se queren presentar aos cursos e exames será o día 22 de febreiro.

     

                Os clubs que teñan solicitadas competicións dos Ctos. Galegos 2017 e que non dispoñan dos Cargos Oficiais necesarios para a organización das probas solicitadas, teñen a obrigatoriedade de presentar a estes exames un mínimo de persoas indispensables para a organización e control das competicións.


    Neste enlace podedes descargar o temario que entra nos examenes (mesmo rfme):

    http://www.rfme.com/web/pagina/41

     

    DATA: 25 FEBREIRO

    LUGAR: AULA A CASA DO DEPORTE – VIGO

    HORA: 10:00 Horas – Repaso Temario

               15:30 H. Examenes

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores