logodeporte galego
    • 27/10/2015

    ELOY REQUEJO, JOSE A. BOCIJA e DAVID OROZA SAEN VENCEDORES DE A PASTORIZA

    Nos trofeos galegos de Scooter Clásico, Motos Clásicas e Pitmotard

    O circuito de A Pastoriza acolleu a cita final do CGV nas categorías que se disputan en circuito pequeno. Finalmente foron tres as categorías convocadas nesta derradeira proba.

    Scooter Clásico, tres pilotos chegaban con posibilidades de vitoria no Trofeo, pero o líder, Eloy Requejo non deu opción aos seus rivais mais directos, Bargiela e Abal, vencendo nas duas mangas, estes dous acompañarono no podio final tanto na carreira como na xeral.

    Motos Clásicas, Jorge Abal chegaba con lixeiras opcións de disputarlle o título a Jose A. Bocija. As dubidas pronto se resolveron, o terceiro posto de Bocija na primeira manga dabanlle o titulo pasase o que pasase na segunda. Refrendandoo cunha vitoria na segunda manga que lle valía tamén a vitoria na proba luguesa. Jorge Abal segundo, non poido revalidar titulo. Santiago Mosquera coa vitoria na primeira manga logrou acabar terceiro nesta carreira.

    Pitmotard, David Oroza chegaba co trofeo gañado a derradeira proba. O segundo posto sí que se decidía na Pastoriza, con Borja Gomez Periscal, segundo en Lugo e na xeral, apretado por Lorenzo García Veiga, que a pesar de vencer as duas últimas mangas e esta carreira, no trofeo so lle valeu para finalizar terceiro.

     

    O resto das categorías non presentes na Pastoriza tiveron como vencedores a David Bada (F70), Alex Sanmartin (Minivelocidade) e Manuel Davila (Liga Minimotos Infantil).


    clasificacións finais completas en arquivo

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores