logodeporte galego
    • 23/06/2014

    DANI RIVAS SEGUNDO NO CEV DE SUPERBIKES

    O moañes acabou detrás de Noyes na proba disptuada no circuito de Cataluña.

    O pasado domingo 22 de xuño celebrouse no Circuíto de Cataluña a cuarta proba do Cto. de España de Velocidade CEV FIM, na que o piloto galego Dani Rivas logrou a 2ª posición na categoría Superbikes tras unha intensa loita por esta posición con Iván Silva. O día anterior xa realizara o cuarto mellor tempo nos entrenos cronometrados que o situaban na segunda liña da saída e que lle permitirían loitar polos primeiros postos da clasificación na proba. O moañés logrou o seu primeiro podio da tempada e ascende ao 7º posto da xeral.

    A seguinte proba deste Campionato de España de Velocidade con carácter internacional na que participan pilotos de distintas nacionalidades terá lugar no Circuíto de Albacete os días 5 e 6 de xullo.

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores