logodeporte galego
    • 18/07/2014

    DAMIL, LOPEZ-PEREA e NEO VENCEN NA 4ª DO TG TRIAL INFANTIL

    Os mais cativos dos trialerios galegos disgrutaron do trial de As Pontes.

    A area de trial permantente do concello de As Pontes acolleu a cuarta proba do trofeo galego de trial infantil. Como ven sendo habitual unha ducia de nenos participaron nas tres categorías convocadas.

    A vitoria en Cadete foi para Alén Damil, logrando asinar os tres mellores parciais (11+7+7) nas tres voltas que tiñan que completar ao circuito.

    En xuvenil o venceor foi Chente Lopez-Perea cunha extraordinaria terceira pasada a cero pés.

    Mais apretada estivo a categoría Alevin con Xurxo Neo como gañador e cun Roque Osorio, que se mantivo en cabeza ata ben mediada a proba, pero un 5 na segunda zona da terceira volta declinou a vitoria a favor de Xurxo.

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores