logodeporte galego
    • 07/04/2016

    COPA GALEGA MINIMOTOS E MINIVELOCIDADE

    Modificacion regulamento técnico Minimotos e renovación convenio con Factory Bike e Motos Julio

    MODIFICACION REGULAMENTO TÉCNICO COPA GALEGA MINIMOTOS


    Ante o carácter de promoción e iniciación que ten a Copa Galega de Minimotos aprobouse a modificación do regulamento técnico no art. 4 polo que se suprimen os pesos mínimo, tanto das minimotos como do conxunto moto e piloto, que se establecían nos regulamentos técnicos da Copa de España de Minimotos de 2015 e 2016 que se adoptaron para a Copa Galega. En consecuencia tamén queda suprimido o disposto no art. 24 no referente as verificacións finais dos pesos mínimos. Procedendo a publicar na web da FGM o regulamento técnico modificado coa supresión dos pesos mínimos.

    RENOVACIÓN CONVENIO CON FACTORY BIKE E MOTOS JULIO

    Renovouse o convenio de colaboración que na pasada tempada asinara a Federación Galega de Motociclismo con FACTORY BIKE e MOTOS JULIO. Para 2016 a diferenza é que, a proposta dos colaboradores, na presente tempada aplicarase en duas categorías: a COPA GALEGA DE MINIMOTOS E MINIVELOCIDADE, nas que o 1º, 2º e 3º da clasificación final recibirán un Casco Shiro ou similar. 

    Recordamos que o próximo domingo 17 de abril iniciaranse as Copas Galegas destas categorías e tamén para  as categorías de Scooter F70, Minimotard, Scooter e Motos clásicas, coa proba que organiza o M.C. Compostela en Forcarei. Os interesados en participar nesta proba deben realizar a inscrición antes do domingo anterior, en prazo, ou ata o mércores fora de prazo.

  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores