logodeporte galego
    • 12/01/2015

    CONVOCATORIA SUBVENCIÓNS DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

    BASES DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS PARA APOIAR O DEPORTE DE COMPETICIÓN FEDERADO, ANO 2015

    Esta convocatoria, destinada a clubs deportivos federados, ten como obxectivo específico apoiar as entidades deportivas nas actividades derivadas da participación en ligas ou competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial, autonómico ou nacional, convocadas por organismos oficiais ou federacións deportivas galegas, nas modalidades deportivas con implantación na provincia de Pontevedra, conforme ó disposto na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e demais normativa de aplicación.


    LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

    As solicitudes poderán presentarse no Rexistro xeral da Deputación:
    - Sede de Pontevedra: avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado)
    - Sede de Vigo: rúa Oporto, 3 (de luns a venres)
    Tamén de calquera das maneiras que se establecen no artigo 38.4 da Lei 30/1992. No
    caso de presentar a solicitude nunha oficina de Correos, farase en sobre aberto para que as
    solicitudes sexan datadas e seladas polo funcionario correspondente.

    O prazo de presentación de solicitudes remata o día 2 de febreiro de 2015.

    Consulta bases e + info en:

    http://www.depo.es/web/edepo/215


    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores