logodeporte galego
    • 28/12/2015

    CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA FGM

    23 de xaneiro na Casa do Deporte de Vigo

    CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

     

                O presidente da Federación Galega de Motociclismo, D. Fernando Fernández Díaz, convoca a tódolos membros da Asemblea Xeral da Federación para a celebración de reunión ORDINARIA que terá lugar o día 23 de xaneiro do 2016, as 10:30 h. en primeira convocatoria e as 11:00 h. en segunda, no Edificio das Federacións Deportivas en Vigo (Casa do Deporte) -r/ Fotógrafo Luis Ksado, nº 17 (Vigo) -, co seguinte Orde do día:

     

     

    1. 1.  Lectura e aprobación do Acta anterior.
    2. 2.  Memoria Anual.
    3. 3.  Informe Económico Exercicio 2015.
    4. 4.  Orzamentos para o ano 2016.
    5. 5.  Regulamentos 2016.
    6. 6.  Calendarios Campionatos Galegos 2016.
    7. 7.  Rogos e preguntas

     

                As propostas para esta Asemblea deberán ser recibidas na Federación Galega de Motociclismo antes do día 15 de xaneiro do 2016, debidamente documentadas e razoadas.

     

                Para asistir á Asemblea será preciso acreditación de membro da mesma.

     

                As 17:30 h. do mesmo día, celebrarase a Entrega de Trofeos, Diplomas e Distincions dos CAMPIONATOS GALEGOS 2015 no mesmo Salón de Actos da Casa do Deporte.

     

     

                                                               Vigo, 28  de decembro de 2015

  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores