logodeporte galego
    • 31/03/2014

    Comezou o CGV en Torneiros - Porriño

    O moto clube Papaya organizou no circuito de Torneiros a primeira proba do CGV.

    O campíonato galego de velocidade voltou ao circuito de Torneiros no Porriño para celebrar a primeira proba do CGV 2014. Un total de 60 pilotos deronse cita no trazado porriñés nesta proba inaugural organizada polo moto clube Papaya. A chuvia foi a gran protagonista da xornada, disputándose a maioría das mangas co asfalto mollado e con momentos de fortes chuvadas. A liga galega de minimotos infantil tamén tivo cabida no evento, un total de 12 nenos entre os 5 e os 12 anos, poideron rodar a maioría deles por primeira vez nun circuito. Esta liga, orientada a modo de cursiño sen carácter competitivo, busca ser a alternativa a todolos nenos que se queren iniciar nas motos de velocidade. Tamén tivo unha boa acollida a nova categoría de Minimotard. As demais categorías repetían, a mais numerosa da grella foi unha vez mais a de Scooter Clásicos, onde tomaron a saída 20 motos, con vitoria final para Felipe Viso. En F70, o piloto local, David Bada, coa vitoria da segunda manga conseguía subir ao primeiro posto. En Clásicas gañou Jorge Abal, mentras que en Minigp o pontevedrés Andrés Dominguez comenzou a defensa do título do ano pasado con nova vitoria.

    A próxima cita do CGV será no circuito da Madalena en Forcarei o 8 de xuño.

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores