logodeporte galego
    • 15/04/2014

    CGT Aldán - Modificacións por coincidir con CET

    Con motivo da proba do Cto. Galego de Trial a organizar polo M.C. Aldán o día 04/05/2014 conxuntamente coa proba do Cto. de España de Trial, da mesma forma que xa sucedera na proba da tempada anterior en Baiona, cumpre adaptar certas especificacións para facer posible o desenvolvemento da proba

    CIRCULAR INFORMATIVA PILOTOS CTO. GALEGO TRIAL

    CTO. GALEGO TRIAL 04/05/2014 EN ALDÁN CON CTO. ESPAÑA TRIAL

     

    Con motivo da proba do Cto. Galego de Trial a organizar polo M.C. Aldán o día 04/05/2014 conxuntamente coa proba do Cto. de España de Trial, da mesma forma que xa sucedera na proba da tempada anterior en Baiona, cumpre adaptar certas especificacións para facer posible o desenvolvemento da proba:

     

    Inscricións: os pilotos galegos con licenza homologada que realicen súa inscrición a RFME para participar nesa proba do Cto. de España, non terán que realizar a súa inscrición na proba do C.G. Galego para a que xa se considerarán inscritos.

     

    Verificacións administrativas e técnicas: as verificacións tanto para os participantes no Cto. Galego como para os que participan no Cto. de España serán o día anterior a proba pola tarde: sábado día 03/05/2014 no horario establecido para as probas do Cto. España. Se algún dos pilotos que soamente participan no Cto. Galego tivera algún problema que imposibilite poder asistir as verificacións do sábado, deberán comunicalo a FGM cunha antelación de 48 horas ao horario establecido para o inicio destas e previa autorización poderán presentarse a verificar o día da proba con 45 min. de antelación a saída.

     

    Horario Verificacións: Sábado 03/05/2014 de 16:30 h a 19:30 h.

     

    Horario inspección zonas: Sábado 03/05/2014 de 12:00 h. a 17:00 h.

     

    Domingo: So os pilotos están autorizados a inspeccionar a zona antes de facela, sempre con autorización do xuíz.

      

    Parque pechado: como no Cto. de España non se realiza parque pechado, nesta proba do Cto. Galego de forma excepcional tampouco se realizará.

     

    Horario de saída: A hora de saída dos primeiros participantes será publicada na web daRFME e na web da FGM, comezando polos participantes no Cto. Galego. Os horarios de saída para cada participante serán publicados o sábado pola tarde despois de finalizar as verificacións. Os pilotos que participen nos dous Campionatos tomarán a saída na hora que lles corresponda pola súa participación no Cto. de España, levarán a tarxeta de puntos e o dorsal que lle corresponda no Cto. de España.

     

    Excepcionalmente o tempo para realizar cada zona será o mesmo que no Cto. de España: 1’30´´ + 10´´ de tolerancia penalizados con  1 punto (+ de 1´40´´ = fiasco)

     

    As cores das sinais nas zonas para os pilotos do Cto. Galego nesta proba serán as seguintes:

    TR2 de Cto. Galego: sinais VERDES (CET categorías Junior/TR3)

    TR3 de Cto. Galego: sinais AMARELAS (CET categorías TR4/CAD/FEM-A)

    TR4 de Cto. Galego: sinais ENCARNADAS (CET categoría XUVENIL-A)

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores