logodeporte galego
    • 05/05/2014

    CAMPIONATO DE ESPAÑA e GALEGO DE TRIAL ALDAN

    Cangas, mais concretamente Aldán, acolleu unha proba do campionato de España de trial nas categorías TR3, TR4, Júnior, Féminas, Xuvenil e Cadete. A competición era tamén puntuable para o campionato galego de trial en tódalas súas categorías

    Cangas, mais concretamente Aldán, acolleu unha proba do campionato de España de trial nas categorías TR3, TR4, Júnior, Féminas, Xuvenil e Cadete. A competición era tamén puntuable para o campionato galego de trial en tódalas súas categorías. As nove da mañá tomaban a saída a bordo dun balandro mexilloeiro perto de cen pilotos vindos de todo territorio nacional, Francia ou Venezuela. O moto club Aldán, organizador do evento tiña marcado un percorrido de dez zonas ao que os pilotos tiñan que dar dúas voltas. A maioría delas compostas de grandes bloques graníticos e terra, exceptuando a décima zona, emprazada no mesmo porto de Aldán que era tipo indoor artificial.

    Eran varios pilotos Galegos que tomaban parte no CET, con especial protagonismo para Gabriel Marcelli e Martín Riobó, vencedores en Cadete e Xuvenil A respectivamente, ambos lideran o nacional das súas categorías. O do Rosal conta as súas actuacións por vitorias no CET, terceira consecutiva, o que o sinala como claro favorito a coroa nacional. Mentres que o de Cangas, aínda que tamén líder despois da vitoria na casa, parece que vai ter disputarse o título co venezolano Avendaño e o francés Dufrese que non afrouxan, os tres coparon o podio de Cangas.

    Os outros participantes Galegos no CET eran os irmáns ourensáns Ruben e Iago Cachaldora en TR3, co mellor resultado para o maior, Rubén conseguiu o seu primeiro podio do ano na categoría, subindo ao terceiro posto.

    A participación galega completábase co cuarto posto da vilagarcián Verónica Miguéns en Féminas B.

    No que respecta ao CGT, os vencedores foron Rubén Cachaldora en TR1, Marcelli en TR2, en TR3 Júnior, Martín Riobó, mentres que entre os veteranos TR3+35, Angel Leirós unha vez mais non daba opción aos rivais, vencía con “21 pés”, por diante de Jaime González e Abelleira que se foron a 60 e 62.  A vitoria en TR4 foi para O Grove da man de Paco Alvarez Castro.

     

    A próxima cita do CGT será en Vila de Cruces (M.C. Deza) o 18 de maio.

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores