logodeporte galego
    • 01/02/2015

    CAMBIOS NO REGULAMENTO DO CGT

    Cambios nas verificacións e tolerancia de dez segundos igual que no CET.

    A orde e hora de saída de cada participante será publicada na web e redes sociais, enviada por email, e publicada na mesa de verificacións.

    Os primeiros participantes sairán ás 09:45 horas, de dous en dous.

    As competicións puntuaveis para este campionato deberán contar cun mínimo de dúas voltas e dez zonas ao percorrido. Os de tres voltas deberán ter como mínimo 7 zonas.

    Na primeira verificación técnica que pase a moto terán que presentar a ficha técnica, unha vez pasada esta verificación favorablemente, os técnicos colocarán un adhesivo válido para toda tempada sempre que se presente na saída das competicións nas mesmas condicións na que foi verificada por primeira vez. O comisario técnico comprobará no resto das probas no corredor previo a saída que a moto é apta para tomar a saída. É obrigación do piloto presentar a moto en óptimas condicións técnicas, documentáis e seguridade como mínimo 5 minutos antes de tomar a saída. As motos que non pasen esta verificación técnica preliminar previa a saída da proba, terán que abandoar o corredor de saída e voltar só cando reparen as anomalías detectadas polos técnicos. O piloto que chegue con retraso a hora asignada de verificación técnica ou a saída será penalizado cun punto por minuto ata un máximo de vinte. Mais de vinte minutos de retraso, exclusión.

    • Superar o tempo máximo de 1’30’’  1 punto adicional*

    * Acabar nos dez segundos adicionais finais a partir do 1’31’’ ata 1’40’’ penalizarase cun punto. (se ves a cero pés =0+1); (se ves cun pé =1+1); (se ves con dous pés =2+1). (Se ves con tres pés = 3+0). Mais de 1’41’’, fiasco.

  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores