logodeporte galego
    • 16/05/2016

    BOS RESULTADOS DOS GALEGOS NA PROBA DO NACIONAL DE TRIAL EN SIGÜENZA

    Martín Riobó logra a cuarta vitoria consecutiva na Copa de España de Trial

    O pasado domingo, 15 de maio, celebrouse en Sigüenza (Guadalajara) a segunda proba do Cto. de España de Trial TR1 e a cuarta proba do Trofeo Nacional e Copa de España, na que os deportistas galegos destacaron en varias categorías.

    Martín Riobó lograba a vitoria na categoría Cadete, a cuarta consecutiva que logra esta tempada na que se está demostrando como o claro favorito ao título, tras vencer en todas as probas que se levan celebradas. Outro galego que participou nesta categoría foi Yago Armesto que finalizou no 6º posto.

    No Trofeo Nacional TR2 outro galego, Gabriel Marcelli, lograba o 2º posto da clasificación. Situándose con este resultado na terceira posición na clasificación provisional do Trofeo Nacional TR2.

    Tamén na categoría TR3 o 2º posto sería para un galego, Victor Ares, na que era a súa primeira participación no Trofeo Nacional despois de levar varios anos sen competir.

    No Cto. de España Júnior Alen Damil finalizaba na 4ª posición.

    Mentres que na categoría absoluta, TR1, Jorge Casales finalizaba 5º a só un punto do cuarto clasificado, Jeroni Fajardo e superando a Albert Cabestany pola mesma diferenza.

    A seguinte proba do Cto. de España de Trial será o 25 de xuño en Pobladura de las Regueras (León), na que esperamos que os galegos volvan a ter resutados destacados.

  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores