logodeporte galego
    • 16/05/2016

    BORJA SÁNCHEZ 2º NO CTO. DE ESPAÑA DE VELOCIDADE MOTO3 EN JEREZ

    Borja Sánchez logra o 2º posto na proba do Cto. España Velocidade en Jerez

    O pasado domingo, 15 de maio, disputouse no circuíto de Jerez a segunda proba do Cto. de España de Velocidade, na que o galego Borja Sánchez lograba o 2º posto na categoría de Moto3.

    Nos adestramentos cronometrados do día anterior lograra o terceiro mellor tempo. Resultado que lle valería para saír na terceira posición da primeira liña. O domingo despois de realizar unha boa saída e ter unha dura loita por manterse en posicións de acadar un posto no podio, logroba entrar 2º na liña de meta.

    Con este resultado Borja ocupa a terceira posición da clasificación provisional cando se levan celebradas dúas probas do total de sete as que está convocato o Cto. de España de Velocidade.

    A seguinte proba será o 25 de xuño no circuito de Cataluña, no que confiamos que vuelva a conseguir un buen resultado.

  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores