logodeporte galego
    • 29/09/2014

    BOA ACTUACIÓN DOS TRIALEIROS GALEGOS NO CET DE AVILA

    Gabriel Marcelli vence e continua a frente do nacional Cadete

    O pasado domingo, 28 de setembro, disputouse na localidade de Candeleda (Ávila) a 6ª proba do Trofeo Nacional de Trial e 4ª do Cto. de España de Trial TR1.

     O galego Gabriel Marcelli foi o vencedor na categoría de Cadetes, empatado a puntos co segundo clasificado e lidera a clasificación provisional deste Trofeo Nacional cando quedan so dúas probas por celebrar. Nesta mesma categoría outro galego, Martín Riobó, finalizaba no 5º posto.

     Mentres que no Cto. de España Trial TR1, Jorge Casales quedaba a só un punto do terceiro clasificado, Albert Cabestany. Tendo que conformarse co 4º posto desta categoría na que venceu Toni Bou seguido de Jerónimo Fajardo que foi 2º.

     No Trofeo Nacional de Trial TR2 outro galego, Rubén Gómez, tivo que conformarse co 4º posto por tan so dous puntos de diferenza co terceiro clasificado.

     

    Enlace con clasificacions http://www.rfme.com/web/prueba/14720

    Descargar ficheiro
  • Zona Privada

    Accede a zona privada, tramita as tuas inscricións, licenzas, actualiza os teus datos, compatible con tablets e smartphones.

    Acceder

Patrocinadores